DeportesÚltima hora

Prata no galego de cross para o equipo masculino alevín do Adas do Barco, cun atleta trivés

O equipo masculino alevín do Club Adas do Barco proclamábase subcampión galego no Campionato Xogade-Campo a través que se desenvolvía en Portas (Pontevedra) neste sábado 15 de febreiro.

O conxunto barquense, do que tamén formaban parte un atleta das Escolas Deportivas de Trives, sumaba un total de 55 puntos, sendo unicamente superado polo Atletismo Fontes do Sar (46 puntos), mentres que na terceira posición quedaba o R.C. Celta (58 puntos).

Este equipo estaba integrado polos valdeorreses Mateo Valcarce, Saúl Crespo, Xoel Pungín, Helder Morais e Aaron Blanco e polo trivés Marcos Basalo.

 

 

O Adas tamén lograba un oitavo posto por equipos en infantil masculino, categoría na que tamén vestían as cores do club barquense os triveses Martín Rey e Alejandro Basalo; mentres que en cadete feminino o Adas era sétimo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button