En portadaÚltima hora

Prata olímpica no baloncesto feminino con acento valdeorrés

A familia do seleccionador español Lucas Mondelo reuníase nun bar do Barco, para seguir o partido España-EEUU
A selección española de baloncesto feminino coa medalla de prata./ Foto: FIB.
A selección española de baloncesto feminino coa medalla de prata./ Foto: FIB.

Era unha loita polo ouro nunha final olímpica. Un fito histórico para o baloncesto feminino español, que volvía a medirse, tras o pasado mundial, cos Estados Unidos. Desta volta en Río. O equipo español, que dirixe Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, saía a por todas pero sendo consciente de con quen se enfrontaba. De feito España comezaba adiantándose no marcador e sitúabase en 17-15 no minuto 8. Pero a partir de aí cambiaba o rumbo do partido, marcado polo forte ritmo que lle imprimían as estadounindenses. E xa na final do primeiro cuarto, as norteamericanas colocábanse por diante.

A partir de aí a intensidade do xogo ía en aumento e malia ao esforzo do conxunto español, tampouco se conseguía cambiar a dirección do encontro despois do descanso. E así o tempo esgotábase cun resultado de 72 a 101, favorable a EEUU que se colgaba o ouro de Río. A pesar diso, España da man de Lucas Mondelo vía feito realidade o soño olímpico acadando unha valiosa e meritoria prata.

Familiares de Lucas Mondelo, entre eles a súa nai, seguindo o partido no Zig Zag do Barco./ Foto cedida por Paula García.
Familiares de Lucas Mondelo, entre eles a súa nai, seguindo o partido no Zig Zag do Barco./ Foto cedida por Paula García.

Parte da familia do técnico valdeorrés, Os Carecas, xuntábase de novo nesta ocasión para seguir o encontro, desta volta na Café Bar Zig-Zag do Barco. Entre elas estaba tamén a súa maior seguidora, a súa nai, Charo García, acompañada polo seu pai, Lucas.

Máis fotos:

A familia valdeorresa de Lucas Mondelo celebra a medalla olímpica de España

Artigos relacionados

Back to top button