DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

Prata para o valdeorrés Adrián Prada en K-2 sénior, no galego de inverno de barcos de equipo

Este padexeiro do Club Piragüismo Verducido Pontillón, que competía xunto a Joaquín Iglesias, estréase na categoría absoluta nesta tempada

 

Excelente inicio de tempada para o piragüista barquense Adrián Prada Pérez, que ademais neste ano se estrea na categoría sénior. Nesta fin de semana tomaba a saída en K-2, xunto ao seu compañeiro do Club Piragüismo Verducido-Pontillón, Joaquín Iglesias Rodríguez, no Campionato galego de inverno de barcos de equipo en 5.000 metros.

Nesta proba, disputada o sábado, o K-2 do valdeorrés competía con outras 50 embarcacións na categoría absoluta, logrando facerse co subcampionato galego. Así completaba o circuíto nun tempo de 00:18:27,04, só superado polo K-2 vencedor, formado por Iván Alonso e José Barreiro 00:18:25,17.

Adrián Prada debutaba como sénior a pasada fin de semana no Campionato de España de Inverno en Sevilla, conseguindo a clasificación en 7 posición no 3000 m para a final de 5000 m cunha meritoria 18 posición.

Fotos: loispradaf.

 

Artigos relacionados

Back to top button