ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A praza barquense de Andrés de Prada prepárase para “Aquí Galicia” e a mostra gastronómica

Quedan xa poucas horas para que se poña en marcha a XVII Festa do Botelo do Barco.  Durante a mañá do 20 de xaneiro comezaba a montarse na céntrica praza Andrés de Prada a carpa que acollerá a segunda edición da Mostra de Produtos Tradicionais que abrirá ao público os días 20 e 21 de xaneiro.

Nesta mesma praza barquense estase a montar ademais outra carpa baixo a cal se desenvolverá o programa “Aquí Galicia”, programa da televisión galega que se emitirá en directo dende esta vila valdeorresa a partiresa das catro e media da tarde do 21 de xaneiro, día da Festa do Botelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button