ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A praza do Campo de Pinol estrea imaxe

O Concello de Sober vén de rematar as obras de urbanización deste espazo

Os traballos de urbanización da praza do Campo de Pinol, no municipio de Sober, xa remataron. A actuación consistiu na mellora do pavimento que rodea a praza e o cruceiro, a colocación de mobiliario urbano para o uso dos veciños e veciñas, así como a instalación de luminarias novas.

Esta intervención foi realizada polo Concello con cargo á Area de Rehabilitación Integral (ARI) e co financiamento do Ministerio de Fomento e da Consellería de Infraestruturas e Vivenda as obras.

Dende o Concello de Sober tamén se están levando a cabo cabo melloras de espazos urbanos na contorna do Cruceiro da Pena de Proendos e da capela de Mer, na Praza de Rosende e no lugar de Naz. Asemade o alcalde soberino Luis Fernández Guitián anuncia que proximamente se executarán obras de urbanización e posta en valor da Praza de Igrexa de Bolmente e do lugar de Outeiro, nas parroquias de Proendos e Arroxo. Fernández Guitián matiza que O rexedor todas estas actuacións son executadas por empresas da localidade.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button