ConcellosGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A praza Maior de Viana convértese nunha pasarela de moda

Jorge Álvarez Estilistas e De Patri organizaron un gran desfile de voda

Non era a primeira vez que Viana do Bolo acollía un desfile de moda da man de Jorge Álvarez Estilistas e De Patri (no Nadal organizaron un solidario na Casa da Cultura), pero si a primeira vez que se celebraba na céntrica praza Maior da vila, convertida durante unhas horas nunha auténtica pasarela.

Numeroso público acudía, na tarde do 7 de agosto, á chamada dos organizadores (Jorge e Patricia) para asistir a un defile “baseado nas vodas que tradicionalmente se desenvolven na zona”, con traxes de noiva e festa, noivo e tamén moda infantil e lencería, contando coa colaboración de dous modelos profesionais: Elsa Cabrera e Adriano López (segundo finalista en Míster Universo 2015) que espertaron unha gran expectación.

O desfile estivo dividido en dúas partes. O primeiro pase chegaba da man de De Patri (Viana do Bolo) que presentou un gran número de prendas (para muller, home e nenos) dunha colección fresca e innovadora. O segundo pase chegaba dende Verín da man de Rosy Boutique que presentou as novidades en vestidos de noiva e traxes de noivo, así como elegantes suxerencias para os convidados.

A decoración floral e a xoiería correron a cargo das artesanas Pétalos Floristería e Ana Miguéns, e a maquillaxe e perruquería (peiteados de gran volume, naturais e con moita personalidade), do estilista vianés, Jorge Álvarez.

Entre os colaboradores do evento estaban tamén o Concello de Viana do Bolo e Eloc Photo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button