OurenseÚltima hora

Aberto o prazo para a matrícula no Máster de Coaching Familiar

O postgrado, posto en marcha polo Instituto da Familia de Ourense, celebra no mes de outubro un novo curso
O Instituto da Familia foi creado no 2013 polo Bispado de Ourense.
O Instituto da Familia foi creado no 2013 polo Bispado de Ourense.

O Máster de Experto en Coaching Familiar, posto en marcha polo Instituto da Familia de Ourense, inicia o vindeiro mes de outubro o seu último curso en Galicia. O prazo para realizar a matrícula leva aberto dende o mes de abril e continúa até completar prazas. Esta formación está respaldada tamén pola Universidad Francisco de Vitoria de Madrid, que en futuras edicións ten a vontade de lanzar o curso nas súas instalacións.

Este postgrado nace coa intención de dárlle un realce á familia e poñer en valor a importancia de educar tamén neste entorno. Así, vai dirixido a profesores, psicólogos, médicos, educadores e traballadores sociais, axentes de pastoral ou pais e nais de familia.

En canto aos obxectivos, o curso busca proporcionar instrumentos de intervención eficaz no acompañamento comunitario de persoas e familias. Tamén se centra en formar para saber intervir potenciando o desenvolvemento persoal e familiar. Todo impartido con calidade pedagóxica e científica.

Para realizar a inscripción, os interesados poden solicitar máis información nos teléfonos 988 374 646 ou 604 054 413 ou a través da web do Instituto da Familia, unha fundación sen ánimo de lucro creada no 2013 pola Diocese de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button