DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Predominio do Adas na Carreira dos Santiños no Barco

Ademais da vitoria de Hugo Sánchez, o club barquense sumaba multitude de podios nesta proba popular

En numerosas ocasións se subían os atletas do Club Adas ao podio na IX Carreira Popular dos Santiños do Barco. Ademais da contundente vitoria de Hugo Sánchez, o club valdeorrés copaba os tres primeiros postos da absoluta feminina. Así vencía Barca Toba, seguida de Iria Fernández e da xuvenil Marta Ballesteros.

En promesa masculina facíase co triunfo Alfonso Soto (Ourense Atletismo), seguido de Raúl Rodríguez (Adas) e do veigués Damián Anta (Adas). Na categoría feminina ganaba Noe Pérez (Ourense Atletismo), en tanto que Ilenia Blanco (Adas) era segunda e Verónica Valcarce (Albares de la Ribera), terceira.

En veteráns A o mellor resultado conseguíao Francisco Javier Espiña (Ourense Atletismo), seguido de Miguel Anxo Nogueira (Noitebra) e do valdeorrés Marco P. Rodrígues (Adas). No caso das veteranas A o primeiro posto colleitábao Mónica Novoa (Veteranos Ourense), o segundo Ángeles Rodríguez (Burgas Atletismo) e Maribel García (Adas).

Había asemade podios do Adas en veteranos B cos terceiros lugares de Adolfo García e Margó Macía, así como en veteranos D con José Barreiro e Francisco Bao, segundo e terceiro, respectivamente. E na categoría xuvenil-junior feminino Marta Ballesteros e Noemí Fernández quedaban primeira e segunda.

Esta novena edición da Carreira dos Santiños ten sido organizada polo Club Adas coa colaboración do Concello do Barco e da Delegación Valdeorresa de Atletismo. O acto de entrega de premios contaba coa presenza do concelleiro de Deportes barquense Aurentino Alonso.

Fotos: Ángeles Rodríguez.
Máis información e fotos:
https://osil.info/o-valdeorres-hugo-sanchez-domina-nos-santinos/
https://osil.info/os-santinos-tamen-cita-para-os-atletas-mais-novos/

Artigos relacionados

Back to top button