PolíticaÚltima hora

Preguntan no Congreso polo peche do servizo de venda de billetes de tren no Barco

En Marea pide a Fomento que non este servizo de atención ao viaxeiro na estación barquense, así como nas da Rúa, O Carballiño, Ribadavia, entre outras galegas
A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, vén de presentar no Congreso unha iniciativa parlamentaria na que solicita a Fomento que dea marcha atrás na intención de pechar o servizo de venda de billetes e atención ao viaxeiro en estacións de tren galegas.

Nesta iniciativa, Fernández faise eco da denuncia de sindicatos ferroviarios da intención de Renfe-Viaxeiros e Adif de proceder ao peche do servizo de venda de billetes e atención ao viaxeiro en sete estacións galegas, a maior parte na provincia de Ourense: O Carballiño, O Barco, A Rúa e Ribadavia.

“Explican que Adif estaría aberto a negociar con Renfe como traspasar a venda de billetes nas estacións de todo o estado que agora fai personal de Adif para que a partir de 2017, sexan xestionados por Renfe. Pero o problema está en que nin Renfe nin Adif están a ter en conta que hai estacións nas que ese traballo o realiza personal de Circulación. É decir, nalgunhas estacións compatibilízanse os traballos de venda e os de atención cos de xestión das circulacións ferroviarias, como sucede en Guillarei, Redondela, O Carballiño, Sarria, O Barco, A Rúa e Ribadavia”, afirma Alexandra Fernández, que engade que se trata de apeadeiros onde os traballadores adscritos a esta estación fan labores de xestión de tráfico ferroviario e venda de billetes.

Aseamade a deputada de En Marea pon de manifesto que son estacións onde se produce un significativo tránsito de viaxeiros. “Nuns casos aténdese á poboación de comarcas ourensás como Valdeorras, Carballiño”. E alerta de que “o peche destes servizos en sete estacións galegas terá consecuencias directas sobre os usuarios de tren que verán mermada a calidade do servizo. Son ao fin e ao cabo, recortes ferroviarios”.

Artigos relacionados

Back to top button