CulturaCulturaÚltima hora

O premio “Blanco Amor” de novela longa queda deserto

Os membros do xurado tomaron devandita decisión alegando “a falta de calidade literaria necesaria” dos vinte orixinais
Reunión do xurado do XXXVI Premio Blanco Amor de novela.

O xurado do XXXVI Premio “Blanco Amor” de novela longa, reunido na tarde do 25 de novembro  no Centro Cultural “Marco Valcárcel” da Deputación, acordou declarar deserta a presente edición, ao abeiro da cláusula oitava das bases reguladoras da convocatoria, que establece que poderá declararse deserto o premio de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.

A acta do xurado recolle: “Unha vez rematada a deliberación, consideramos que ningún dos vinte orixinais presentados alcanza a calidade literaria necesaria para ser premiado. Sabedores do prestixio e traxectoria do galardón, somos conscientes de que un premio que leva o nome de Eduardo Blanco Amor debe procurar, como único obxectivo, a excelencia literaria”.

O xurado estivo integrado por Luis González Tosar, presidente; Alba Cid Fernández, secretaria, e como vogais Xosé Carlos Caneiro, César Lorenzo Gil e Montse Pena Presas.

Artigos relacionados

Back to top button