CulturaEducaciónÚltima hora

Premio Consumópolis para alumnos do IES O Couto de Ourense

Os membros do equipo “El Ordenador” recibían en Madrid o premio de consumo responsable
Entrega dos premios Consumópolis en Madrid.
Entrega dos premios Consumópolis en Madrid.

Na mañá do 26 de novembro, os membros do equipo “El Ordenador” do IES O Couto de Ourense, recibían da man da presidenta da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), Pilar Farjas, o primeiro premio do certame de consumo responsable Consumópolis na categoría de 1º e 2º de ESO a nivel nacional, nun acto que se celebrou no Ministerio de Sanidade e que contou coa asistencia da presidenta do Instituto Galego de Consumo e directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal.

O concurso Consumópolis, impulsado por Aecosan e no que o pasado curso participaron máis de 1.100 escolares galegos, estivo nesta ocasión centrado no uso responsable das tecnoloxías da información e a comunicación, estando dirixido ao alumnado de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, coordinados por un docente do centro onde cursan estudos. Participan formando equipos de cinco alumnos e alumnas do mesmo curso, presentando os traballos de forma colaborativa.

Artigos relacionados

Back to top button