ConcellosMicoloxíaÚltima hora

Premio en micoloxía para o IES Martaguisela do Barco

Alumnos de 2º da ESO conseguiron o segundo premio no concurso das ‘XX Jornadas Micológicas del Bierzo’
O traballo realizado polos alumnos do IES Martaguisela do  Barco.
O traballo realizado polos alumnos do IES Martaguisela do Barco.

Exposicións, concursos, conferencias e degustacións son os ingredientes cos que a asociación micolóxica berciana Cantharellus organizou as ‘XX Jornadas Micológicas del Bierzo’ que se están desenvolvendo na Casa da Cultura de Ponferrada dende o martes 10 ata o venres 13 de novembro.

No apartado de concurso, os alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras veñen de acadar o segundo premio na categoría G (1º ciclo de Educación Secundaria colectivo). Tal como explican dende o centro barquense, o concurso, no que participaron centros de ensino do Bierzo e Valdeorras, consistía na elaboración de traballos artísticos (manualidades) relacionados cos cogomelos que forman parte dunha exposición.

Os premios das diferentes categorías serán entregados este venres día 13, en Ponferrada.

Artigos relacionados

Back to top button