CulturaEducaciónOurenseÚltima hora

Premio especial da Exporecerca para alumnos das Aulas Tecnópole

Os estudantes galegos competían con máis de 250 participantes de diferentes países do mundo e resultaron distinguidos polo seu sistema de detección de chuvia aceda sobre plantas e solos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero veñen de facerse co premio especial de Exporecerca, o maior certame científico escolar de España, que se celebraba na fin de semana do 12 e 13 de abril en Barcelona. O proxecto, que participara na última edición da Galiciencia, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.

Os gañadores, todos eles estudantes de 2º de Bacharelato, recibirán como premio a asistencia á Intel International Sciencie and Engineering Fair, unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario, que terá lugar en Los Ángeles (EE.UU.) no mes de maio.

Con este traballo os alumnos buscaban comprobar de primeira man os efectos da chuvia aceda sobre as plantas e os solos, construír un sistema que permita detectala e verificar a efectividade dos metais de sacrifico como o magnesio para contrarrestar os seus efectos.

Xunto con esta distinción especial, outro dos equipos das Aulas Tecnópole facíase co premio outorgado polos propios participantes na feira. O proxecto máis votado polos expositores foi o sistema antirroubo para mochilas mediante tecnoloxía RFID (radiofrecuencia) ideado por Alejandro González, Manuel González e Pablo Fortes, de 3º da ESO. Trátase dunha tecnoloxía capaz de bloquear a cremalleira dunha mochila mediante un sensor RFID para evitar que ninguén que non sexa o seu dono poida abrila. Para desbloqueala, o seu propietario non ten máis que pasar por diante do sensor unha tarxeta persoal que usa a mesma tecnoloxía.

Asemade, Thomas Alan Loboy, Jorge Estévez e Óscar Páramo fixéronse cun accésit do Premio Ciència en Societat, entregado no marco da Exporecerca pola Fundación Ciència en Societat de Barcelona. O galardón foi para o seu divertido sistema de lanzamento e estudo do tiro parabólico de esferas de chocolate. Consiste en deseñar e construír un sistema electrónico programado e automatizado de lanzamento de esferas de chocolate (conguitos) co obxectivo de axudar aos alumnos a entender o tiro parabólico dunha forma divertida.

Fotos: cedidas pola Tecnópole

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close