ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

Premio Literario M. Tremiñá 2014- categoría B

Categoría B: De 11 a 18 anos

1º Premio: Sabela Freixeiro Ayo

Basta xa!

Querido diario:

Hoxe o meu home pegoume. Ao comprar confundínme na marca da súa cervexa e tróuxenlle outra marca distinta. El ó enfadarse perde os nervios, é normal que me insulte, o que xa non é tan normal e que me pegue. Pero bueno, é un home moi impulsivo. O que é mentira é o que di a Marga, a miña mellor amiga, que di que é un machista; vale que el nunca cociña, pero é porque non sabe, tampouco quere aprender… pero bueno, o meu pai tampouco cociñaba e non era un machista. A todo o mundo, cando discute, éntranlle ganas de empurrar á outra persoa do cabreado que está, non é? Eu sei ben que el non o fai con mala intención.

Querido diario:

Hoxe pegoume outra vez. Cando estaba tendendo a súa roupa saíu o veciño de enfrente, un rapaz simpático, guapo, rubio con ollos azuis, solteiro e atento. Ai…así era o meu home antes.. Pois resulta que cando saíu a tender el a roupa saudeino e el a min. Nese momento oín os berros do meu marido berrándome, e non precisamente cousas bonitas, insultándome, degradándome como persoa, prohibíndome cousas, como saudar a calquera home. Dixo que me ía a pechar a porta por fóra e levarse as miñas chaves, que non ía a volver a ver a luz do sol, que me despedira de todos os que veía a cotío, e despois diso deume outro golpe, máis forte que o da outra vez e con máis raiba. Estou empezando a ter medo do meu home. Estou comezando a ter medo ao me erguer, estou comezando a ter medo de estar simplemente en casa… e parece ser que agora non vou saír de aquí. Ai..oirían a discusión as nenas? Espero que non.

***

 

Son as once e media, as nenas xa están durmindo pero o meu home non aparece. Váiselle arrefriar a cea e logo a que recibe os gritos son eu, e non el por non chegar cando ten que chegar. Están soando as chaves, e comeza a cheirar a todo tipo de alcohol: cervexa, whisky, ron, tequila.. xa está aquí. E así. Xa verás que noite.

Querido diario:

Acabo de colgarlle o teléfono á Marga, e comprendín que ten razón de todo o que dicía do meu home, e agora entendo por que sabía ela tanto deste tema: co seu home pasáralle o mesmo. Eu non sabía que Marga estivera casada. Seica casou en Madrid, unha desas loucuras de estudantes, pero que aos 6 meses el comezou a comportarse mal. Daquela abandonou ao seu home e volveu para Galicia. Pero eu onde me meto se o abandonara? Non teño lugar ningún onde ir. E que fago coas nenas? Eu non as podo deixar con el, non podo. E se lle fai algo a elas que? Non podería vivir con iso. Polas miñas nenas aguantarei todo o que me faga ese maldito home, e eu maldigo o día no que decidín casar con el. E que cando eramos noivos era todo o contrario, era atento, guapo, intelixente, prometía unha vida que non me deu. Agora é un borracho e máis nada. Non fai máis que beber e ver o fútbol. Nunca axuda na casa, só limpa cando ven tan bébedo que vai a rastras polo chan. Como non me din de conta antes? Ai, as miñas nenas, o que teñen que aturar: os gritos, os meus choros, os golpes.. Quero que saiban que iso non é o normal, que non teñen por que aguantar eso cando casen. Explicareillo cando sexan máis maiores, non quero que sofran, pero con cinco e seis anos non van entender nada disto. Ai, as miñas nenas.

***

Volveu chamar Marga e parece ser que agora hai como unha especie de lugares onde van as mulleres cando sofren maltratos pero non teñen onde ir. Vale, xa teño sitio e que?

Eu non estudiei nunca, caseime moi nova e non acabei nin a universidade porque quedei embarazada ao ano de casarme e coa nena pois non tiña tempo. Teño lugar, pero non teño traballo, non teño diñeiro. Quero que as miñas fillas teñan unha casa, un lugar estable ao que volver ao saír do colexio, non a un centro de axuda. Mentres busquemos unha casa está ben, pero como podo pagar a casa sen traballar?

Xa está o outro gritando, só pasan dous minutos das dez, pode esperar un pouco para cear ou que? Ou que se poña el a cociñar, sempre teño que facelo todo eu. Merda, está vindo cara aquí.

***

Teño un ollo morado e a nariz sangrando, mañá mismo busco ofertas de traballo e saco de aquí canto antes as nenas. Elas non teñen por que aguantar todo isto, que o seu pai antes, co enfadado que estaba comezou a berrarlles como un louco. Quero sacalas de aquí, e vou facer o que faga falta para que estén lonxe deste “home”.

 

Catro días despois encontrou traballo e esa mesma tarde, mentres o seu marido estaba no bar, foi recoller as nenas e marchou dese cárcere que tiña como casa para non volver. Conseguiu vivir ben, como calquera persoa se merece, pero non todo o mundo ten a mesma sorte que tivo ela. Debemos ter en conta o sofremento das mulleres que teñen que aguantar esto cada día, que viven con medo.. Loitemos por un mundo con igualdade entre homes e mulleres.

 

2º Premio: Aarón Mondelo Faba

A Muller ao longo do tempo

Na antigüidade a muller apenas tiña dereitos, o peso da familia recaia sobre, tamén se ocupaba da casa e dos fillos, das hortas, pero a pesar de todo iso non tiñan os dereitos dos homes e tampouco a independencia económica, xa que poucas, por non decir ningunha, tiña a posibilidade de estudar.

Pouco a pouco e grazas a iniciativa de moitas mulleres loitadoras, a muller foi acadando un merecido recoñecemento social.

Hoxe en día a muller ten os mesmos dereitos que os homes, ten dereito ó voto, independencia económica e pode acceder aos mesmos estudos que os homes.

Algunhas tiñan que inmigar para gañar cartos e ter unha boa vida.

Co paso do tempo saliron a luz grandes mulleres loitadoras e importantes, que xunto con asociacións reclaman os seus propios dereitos, ou tamén se mostran en contra de discriminación e da violencia de xénero.

En estos tempos modernos e dende fai uns 20 ou 30 anos as mulleres poden ser calquera cousa que queiran desempeñar ou incluso altos rangos políticos e que requiren unha gran atención e responsabilidade.

Fai uns anos a muller concedeuselle o dereito ó voto. Este feito consistía en acreditar a figura da muller apta para votar en calquera tipo de eleccións. O paso dende a antiga reforma a nova reforma chámase transición, nesta introduciuse a Constitución Española, que beneficia positivamente a muller nalgún dos seus artigos.

Antigamente sobre as mulleres recaía o peso todo da familia, tiñan que coidar as hortas e o gando, xa que xeralmente o home era o que traballaba fora da casa.

En consecuencia de levar e coidar o gando traía consigo ir a sega da herba para alimentar primariamente as vacas e aos bois.

Tamén se plantaba trigo para a elaboración do pan, isto facíao xeralmente a muller aunque se o marido non traballaba ían os dous. A muller e gran loitadora, que co paso do tempo foi adquirindo dereitos e oportunidades.

Co avance do tempo as mulleres conseguiron a igualdade de xénero. Algunhas mulleres procedentes da nobreza non podían estudar, cousa que co paso do tempo cambiou. Según un estudo reciente o número de mulleres incrementa en gran cantidade ó de homes en estudos de carreiras cun determinado prestixio. En conclusión a esta última publicación deducimos que o futuro é da muller.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button