CulturaEducaciónÚltima hora

Premio para o colexio de Viloira en Educación Viaria

Alumnos do Otero Pedrayo e membros da Policía Local do Barco recollerán en Ourense un premio Ramón Puga de teatro
Circuíto de Educación Viaria no colexio Otero Pedrayo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Circuíto de Educación Viaria no colexio Otero Pedrayo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Alumnos do colexio Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras e representantes da Policía Local da vila viaxarán hoxe, venres 23 de outubro ata Ourense, para recibir un dos galardóns da 2ª edición dos Premios Ramón Puga de novela, poesía e teatro.

Tal como explican dende o Concello do Barco, o premio concedido aos barquenses é na modalidad de teatro, concretamente “por unha canción sobre seguridade viaria cantada polos alumnos do centro e composta por un dos integrantes do grupo Los Correctos que ademais é policía local”.

No acto da entrega de premios, que terá lugar ás 20h. no Auditorio Municipal de Ourense, os cativos interpretarán a canción premiada.

Artigos relacionados

Back to top button