ConcellosÚltima hora

Premios á decoración do Nadal no Barco e na Rúa

Fanse públicas as catro rúas ganadoras do certame organizado por Aeva, O Barco CCA e os Concellos do Barco e da Rúa
Unha das rúas ganadoras do certame no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das rúas ganadoras do certame no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un total de nove rúas participaban no II Concurso de Decoración Navideña “Nadal nas Rúas”. Seis delas eran do Barco (Eulogio Fernández, Marcelino Suárez, Estación, Las Cuevas, Plaza de José Otero e Abdón Blanco) e as tres restantes da Rúa (Silveira, Miguel de Cervantes e Doctor Vila).

Na mañá do 9 de xaneiro a organización deste certame (promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras, a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco e os Concellos de O Barco e A Rúa) daba a coñecer os nomes das catro rúas ganadoras. Así no caso do Barco o primeiro premio de 150 euros correspóndelle á praza José Otero
e o segundo, con 100 euros, á rúa Eulogio Fernández. No referente á Rúa, o primeiro premio (tamén con 150 euros) é para á rúa Miguel de Cervantes e o segundo (100 euros) para a Doctor Vila.

O xurado deste certame estivo formado por dous representantes dos Concello do Barco e outros dous do Concello da Rúa, dous representantes de AEVA e un representante da prensa comarcal.

Artigos relacionados

Back to top button