OurenseÚltima hora

Premios da Federación de Comercio de Ourense

O colectivo ourensán impulsa as compras no comercio local
Grupo de premiados e representantes da Federación de Comercio de Ouresne.
Grupo de premiados e representantes da Federación de Comercio de Ouresne.

Na mañá do 10 de outubro, a Federación de Comercio de Ourense facía entrega dos premios relativos á campaña de promoción do comercio local ourensán “En Ourense, merca e reláxate”, que estivo vixente entre o 8 de setembro e o 8 de outubro, data na que tivo lugar ante notario o sorteo de 10 estancias en balnearios do Grupo Caldaria entre os clientes do comercio local ourensán que conseguiron, cumprimentaron e depositaron a cartilla de participación na urna habilitada no patio da CEO.

Os premiados foron: Ana Isabel Fernández, Eva Novoa, Marisol Blanco, Mª de los Angeles Otero, Angelines Recio, Mª del Pilar Larrea Ginot, Dolores Fernández, Ostaixka Feo, Mª Inmaculada Cid e Mª del Carmen García Cerdeiro.

Dende a Federación de Comercio de Ourense destacan o “gran éxito de participación nesta campaña, pois mercar no comercio local é bo para todos”. Este sorteo poñíase en marcha para favorecer e impulsar o comercio local co lema “En Ourense, merca e reláxate” unindo así dous factores importantes e complementarios da provincia como son o comercio e o termalismo “poñendo en valor e facilitando a oportunidade de gozar dos nosos recursos aos clientes do comercio local” explican dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button