CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Premios literarios, circo de rúa, maxia e a música de Mercedes Peón, nas Letras Galegas de Viana

A vila acollerá novas actividades a partires do 17 de maio, entre elas a actuación “Ghop!” e o concerto de Mercedes Peón

Continúa o programa de actividades para conmemorar as Letras Galegas en Viana do Bolo. O venres 17 de maio terá lugar na praza Maior a entrega de Premios do “Concurso de Relatos Curtos”, que este ano celebra a súa segunda edición e que está destinado a nenos de primaria. O número de participantes deste ano ronda os 50 rapaces.

Tras a entrega de premios terá lugar a actuación de “Ghop!”, un espectáculo de variedades dirixido a un público familiar no que se mestura circo de rúa, maxia, monicreques, baile e música… e sobre todo moita diversión.

O sábado 18 de maio cobrará protagonismo a música da man de Mercedes Peón, un dos “pratos fortes” desta programación. Esta artista traerá ata Viana co seu novo disco “Déixaas” . Un disco que se situou entre as catro propostas que optaron ao premio de mellor traballo europeo outorgado pola revista británica Songlines. A actividade está cofinanciada pola Rede de Auditorios de Ourense (ReaOU).

 

O alcalde de Viana e a concelleira de Cultura, co cartel do concerto de Mercedes Peón.

Artigos relacionados

Back to top button