EconomíaEconomíaÚltima hora

Premios para un mel quirogués e outro ourensán en Londres

Resultaban galardoados no prestixioso concurso internacional "London Honey Awards"

 

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de anunciar nesta mañá que tres recoñecementos aos meles galegos no recoñecido concurso internacional “London Honey Awards”. “Dende AGA enviamos tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. Hoxe recibimos a lista de gañadores e estamos de noraboa para os tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce”, destaca Suso Asorey, voceiro de AGA.

Así o “Bronze Honey Award”, bronce, correspondíalle ao Mel Rural-queiroga, de Manuel Macía González-Euromel, S.C., Quiroga; o “Silver Honey Award”, prata, ao Mel Abella Obreira-melato de carballo, de David Souto Gago, Riós.

Hai asemade un terceiro galardón galego, o “Gold Honey Award”, ouro, que foi para o Mel de Brea-eucalipto, de María del Mar Brea Botana, A Estrada.

“Este acontecemento remarca a gran calidade e competitividade dos nosos meles e da forza que teñen para a súa comercialización internacional. Dende AGA seguimos a traballar para mellorar e poder darnos a coñecer no mundo enteiro. Temos un produto natural e de gran valor. Felicitacións ás persoas gañadoras e moito mel”, sinala Asorey.

 

Artigos relacionados

Back to top button