En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Preocupación ante os roubos en igrexas de diversas localidades de Viana do Bolo

Portas destrozadas, bancos rotos, o contido dos caixóns e dos armarios polo chan… É unha imaxe que nos últimos meses se está repetindo nas igrexas de varias localidades de Viana do Bolo. Dende finais do ano pasado están sufrindo unha serie de roubos, que nalgúns casos mesmo se repiten no mesmo templo como en Pixeiros ou Solveira.

“No caso de Solveira entraron en varias ocasións, a primeira vez si levaron o que había no cepillo, as outras veces non levaron nada pero causaron moitos destrozos. Tamén roubaron na igrexa de Bembibre e en Cepedelo”, conta con preocupación o párroco Manuel Martínez, que presentou a correspondente denuncia ante a Garda Civil.

O primeiro dos roubos producíase en novembro e dende entón véñense sucedendo cada certo tempo. Os veciños amosan tamén a súa gran preocupación ante estes continuos delitos e temen que poida haber tamén algún roubo nas casas.

Nesta galería de imaxes poden verse os destrozos causados na igrexa de Solveira. Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button