ConcellosÚltima hora

Preparando a 52 Feira do Viño do Ribeiro

O subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Ribadavia mantiveron unha reunión de traballo
Reunión de traballo sobre a Feira do Viño do Ribeiro no Concello de Ribadavia.
Reunión de traballo sobre a Feira do Viño do Ribeiro no Concello de Ribadavia.

Na mañá do 8 de abril, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco mantiñan nas dependencias municipais, unha reunión de traballo co gallo da celebración da 52ª Feira do Viño do Ribeiro que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio.

Tanto o Concello como o Consello Regulador da D.O. Ribeiro están ultimando o programa desta edición da feira que contará con actividades novidosas como a I Carreira Popular “Correndo entre viñedos”, prevista para o 3 de maio.

Como en cada edición, con dous meses de antelación (en marzo) dábase a coñecer o cartaz deste ano, obra de Hugo Bellido, que foi seleccionado por un xurado profesional entre os 93 traballos presentados ao certame.

Artigos relacionados

Back to top button