Política

Preparando a campaña do PP en Valdeorras

ppbarco

Co obxectivo de deseñar os actos que se incluirán na próxima campaña electoral para as Eleccións Europeas o PP de Valdeorras celebraba unha reunión no Barco na tarde do 28 de abril. Con ela culminábase a rolda de encontros, presididos polos coordinador da campaña do PPOU, Jorge Pumar, nos diferentes partidos xudiciais da provincia.

Xunto a Pumar estiveron no Barco os membros do equipo de mobilización electoral do Comité de Campaña do PP ourensán (Carmen Leyte, Cristina Romero, Ana Belén Vázquez e Mónica Mourelo), así como os alcaldes, portavoces municipais e presidentes locais do PPOU.

Paralelamente a estes encontros, tamén se desenvolveron reunións cos diferentes presidentes de distritos da cidade, encamiñadas a fixar os actos que conformarán o calendario da vindeira campaña electoral, que contará cun mínimo de dous eventos diarios.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button