DeportesÚltima hora

Presentación do anuncio da “Volta Ciclista a España”, en Ourense

Está rodado en Galicia e con artistas desta comunidade
Un dos momentos da presentación do spot da "Volta Ciclista a España".
Un dos momentos da presentación do spot da “Volta Ciclista a España”.

Por oitava vez na súa historia, a “Volta Ciclista a España” sairá de Galicia. E máis en concreto nesta 71ª edición de Ourense, o día 20 de agosto. O spot oficial deste evento deportivo, rodado integramente na comunidade galega e con artistas da terra, presentábase o 7 de xuño nun acto celebrado no Teatro Principal de Ourense.

O título deste spot é “El ganador” e incorpora a canción oficial do evento, interpretada pola cantante de orixe galega Marta Sánchez. Tanto para a interpretación deste tema coma para a gravación do anuncio, Sánchez contou coa colaboración de dous artistas tamén galegos, Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo.

Este anuncio emitirase por televisión española entre os meses de xullo e setembro.

Artigos relacionados

Back to top button