PolíticaÚltima hora

Presentación da candidatura Podemos Cambiar Galicia no Barco

O acto tiña lugar no mediodía do 8 de febreiro no salón multiusos da vila valdeorresa
Acto de presentación da candidatura de Podemos Cambiar Galicia no Barcoo./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Acto de presentación da candidatura de Podemos Cambiar Galicia no Barcoo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O proxecto político-organizativo de Podemos Cambiar Galicia presentábase no mediodía do 8 de febreiro ante a Asemblea Cidadá de Valdeorras, no Barco. Neste acto interviñan as candidatas ao consello cidadán autonómico desta formación: Iris López Mülher e Consuelo Rivadulla Rodríguez.

Este proxecto básease, segundo explicaban, “na creación de Consellos Consultivos Comarcais e Sectorias, como ferramenta de empoderamento; fronte ao clientelismo e favorecendo a participación dos círculos territorias máis pequenos, dos núcleos rurais e das zonas mais afastadas; contribuíndo a unha vertebración horizontal e establecendo pontes co Consello Ciudadano de Galicia; máximo órgano de decisión en Galiza de Podemos; para favorecer a participación e a dinamización dos círculos territorias máis pequenos, para a dinamización sostible do medio rural e recuperar a súa capacidade produtiva, de decisión e de niveis de vida sostibles”.

Consuelo Rivadulla e Iris López, candidatas ao consello autónomico de Podemos Cambiar Galicia./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Consuelo Rivadulla e Iris López, candidatas ao consello autónomico de Podemos Cambiar Galicia./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button