CulturaMúsicaÚltima hora

Presentación da misa “Valdeorras” no Barco e nas Ermitas

A obra está composta polo director do Orfeón Valdeorrés, José Ramón Mansilla
O Orfeón Valdeorrés cantando na Catedral de Bruxelas.
O Orfeón Valdeorrés cantando na Catedral de Bruxelas.

Neste 2014, o Instituto de Estudos Valdeorreses e o Orfeón Valdeorrés celebran o 35º aniversario. Unha data que dende o Instituto pensan conmemorar cunha serie de actos. O primeiro, está previsto para este sábado 4 de outubro, de forma conxunta.

Na igrexa parroquial de San Mauro (O Barco), ás 20h. terá lugar a presentación da misa “Valdeorras” composta polo director do Orfeón e profesor, José Ramón Mansilla, con letra en latín, galego e castelán (o libro foi editado polo IEV). A eucaristía será oficiada polo párroco D. Tomás Rodríguez Carbajo e cantada polo propio Orfeón Valdeorrés dirixido polo compositor da obra.

Ao día seguinte, domingo 5 de outubro, a misa será presentada no Santuario de Nosa Señora das Ermitas (O Bolo), a partires das 13h.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button