DeportesÚltima hora

Presentación do Club Natación Escualos

O acto terá lugar o 27 de setembro no encoro dos Peares (Ourense)
Cartaz do acto de presentación do club de natación.
Cartaz do acto de presentación do club de natación.

O vindeiro domingo 27 de setembro ás 12 horas, o encoro de Os Peares acollerá o acto de presentación dun novo club de natación en Ourense: Escualos.

Baixo o lema “Os Escualos toman o río Miño”, o evento comezará cunha parte deportiva na que se realizarán dúas travesías a nado polo encoro. Despois, o club convidará aos asistentes a uns pinchos á beira do río Bubal e tamén haberá kaiaks para quen queira disfrutar dun paseo polas augas do encoro.

Dende o Club de Natación Escualos explican que a presentación pode realizarse grazas ao Concello de Carballedo e á empresa Os Peares Inmersión Lingüística, engadindo que vén de constituirse para “fomentar a práctica da natación en Ourense”, contando entre os seus obxectivos a organización de
natación máster en inverno (para o que contan co apoio do complexo deportivo AQA Ourense); de travesías a nado; e tamén de natación en augas abertas en verán.

Artigos relacionados

Back to top button