Presentación do ensaio “Ager Tributarius” en Verín

O salón de actos da Casa do Concello de Verín convertíase na tarde do 6 de novembro en escenario do ensaio “Ager Tributarius” (Huerga y Fierro Editores), de José Alfonso de Mateo García, secretario perpetuo do colectivo Egas Gargalo, ademais de licenciado en C.C. Matemáticas pola Universidade Complutense de Madrid. É xestor profesional de empresas en varias áreas de negocio e residente no estranxeiro.

Egas Gargalo é ademais o nome co que se autodenomina o colectivo de persoas que aportaron a primeira versión das historias contadas en este libro. Proceden de diferentes países, múltiples profesións e de idades parecidas. Este libro é un ensaio.

Neste acto de presenación, organizado pola Bibioteca de Verín, o autor da obra era presentado polo alcalde deste concello ourensán, Gerardo Seoane.

 

Fotos: Biblioteca de Verín.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies