CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do libro “De mazá e canela”, con degustación doce na Casa dos Poetas

 

A Casa dos Poetas, en Celanova, acollerá este venres, 30 de xullo, ás 20 horas a presentación do libro “De mazá e canela. Contos con sabor e cor”. Trátase dunha obra de tres as autoras, Clara Martín, Teresa Fenollosa e Isabel Pintado, de ámbitos completamente distintos como son a escrita, a repostería e a pintura. Unidas neste proxecto sacaron á luz o libro na editoria madrileña PYP, en colaboración con Gadis e a Fundación Venancio Salcines. Os beneficios do libro van destinados á Fundación Mujeres, de A Coruña, asociación referente en materia de violencia de xénero.

“De mazá e canela” recolle 13 historias cotiás de diversos modelos de muller que rachan cos estereotipos, escritas pola orensá Clara Martí en relación cos títulos das receitas das 13 tartas incluídas no libro, elaboradas por Teresa Fenollosa no seu restaurante ourensán ‘ShangriLa’, xunto con 13 ilustracións de Isabel Pintado.

O acto desenvolverase na Horta da Casa dos Poetas e terá unha demostración en vivo de ilustración e repostería. Contarase ademais coa colaboración do Obradoiro de Emprego O Refectorio que ofrecerán unha degustación doce ós asistentes.

Para asistir será precisa a reserva previa na Fundación Curros Enríquez e o prazo de inscrición estará aberto ata cubrir as prazas. O acto realizarase segundo as normas Covid marcadas para esa xornada en Celanova.

 

Artigos relacionados

Back to top button