Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Presentación do libro do VI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Esta publicación é o resultado da última edición deste certame, considerado o máis relevante na fotografía galega e que convoca a Asociación Outono Fotográfico

A Galería Photo Art, de Ourense, acollía o 2 de maio a presentación do libro “O MUNDO AO PRINCIPIO, Premio Galicia de Fotografía Contemporánea» de Virginia Rota. Esta publicación (da Ed. Difusora de Letras, Artes e Ideas) é o resultado da última edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, o certame máis relevante na fotografía galega, que convoca a Asociación OF, Outono Fotográfico (cuxo coordinador é Vítor Nieves) cada ano desde hai seis co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a colaboración de Afundación, Obra Social ABANCA

O libro contén as imaxes do ensaio fotográfico «O MUNDO AO PRINCIPIO» de Virginia Rota, ademais dos textos Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Pilar García Porto, deputada de Cultura da Deputación de Lugo e Vítor Nieves. A publicación, deseñada por Xosé Lois Vázquez, é o número 9 da Colección OF de libros de fotografía.

Nesta presentación interviñan Virginia Rota, fotógrafa autora do ensaio premiado; Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Xosé Lois Vázquez, editor do libro e presidente da Asociación OF (Outono Fotográfico) e Vítor Nieves, coordinador do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

Fotos: Ángel Sotelo Seguín.

Artigos relacionados

Back to top button