CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do libro “O Segredo do Castro de Doade”, este venres no Casino do Barco

Será ás 20:30h. e contará coa presenza do autor Manuel Blanco, do editor e ilustrador Miguel Ángel Martínez e do impresor Avelino Jácome
Cartel da presentación do libro no Barco de Valdeorras.

Este venres 25 de xaneiro, presentarase no Casino do Barco de Valdeorras o libro “O Segredo do Castro de Doade”, unha historia que se desenvolve na comarca do Deza (Pontevedra), onde se están levando a cabo tarefas de excavación e presentación das pezas atopadas nun museo creado por iniciativa privada.

O acto comezará ás 20:30h. e contará coa presenza do autor Manuel Blanco Villar, do editor e ilustrador Miguel Ángel Martínez Coello e do impresor Avelino Jácome (autor de “A lenda de Aldara e Galael”.

Editado por A Formiga Rabicha, trátase dun libro para todos os públicos que, por unha banda pon en valor o patrimonio “difundindo a milagre de Codeseda e da Casa do Patrón que pasou de ser a aldea mais afastada e esquencida do Deza a recibir cada ano milleiros de visitantes que poden desfrutar dunha aldea restaurada e conservada dun xeito único e respectuoso co medio e coas máis fondas tradicións”, en palabras de Avelino Jácome; e por outra, difunde os traballos realizados no Castro de Doade que despois de cinco excavacións, pode presumir de ser xa un dos castros mais divulgados de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button