EconomíaEconomíaGalerías de fotosViticultura

Presentación do novo viño de Godeval, en Santiago

A nova marca leva por nome Revival e é froito dun proxecto de I+D

A nova marca de godello da adega barquense Godeval, pertencente á Denominación de Orixe Valdeorras, leva por nome Revival e xurde froito dun proxecto de I+D. A investigación desenvolveuse ao longo de tres anos, e, a través dela, esta empresa busca indagar no tempo de maceración a baixas temperaturas (criomaceración) e na extracción da maior cantidade de compoñentes aromáticos na pel da uva. Así se poñía de manifesto no acto de presentación deste novo branco na mañá do 15 de xuño no Espazo Campus Stellae, en Santiago de Compostela. O acto contaba coa presenza de representantes da adega, con sede en Xagoaza, e da conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close