CulturaCulturaÚltima hora

Presentación do poemario en galego “Ultramarinos” na Rúa

O acto terá lugar o 3 de xaneiro no Casino e contará coa presenza do autor, o italiano Marco Paone
Portada do poemario "Ultramarinos" de Marco Paone.
Portada do poemario “Ultramarinos” de Marco Paone.

O vindeiro sábado 3 de xaneiro, o Casino da Rúa acollerá a presentación do poemario en galego “Ultramarinos” do autor italiano Marco Paone, publicado pola editorial Follas Novas.

O acto terá lugar ás 19h. e será presentado por Asunción Arias, escritora e directora da editorial A Pena d’auga, contando asemade coa presenza do autor do libro e da ruesa Noelia Estévez Rionegro, filóloga e investigadora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button