Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Presentación do primeiro tramo da candidatura nacionalista en Ribadavia

Ampla renovación no BNG ribadaviense
Membros da candidatura do BNG á alcaldía de Ribadavia.
Membros da candidatura do BNG á alcaldía de Ribadavia.

Na mañá do sábado 11 de abril reuníase o equipo que inicia a candidatura do BNG para Ribadavia, co candidato á alcaldía, Anxo Collarte, ao fronte. Un equipo que Corllarte define como “un grupo humano honesto e solvente, disposto para asumir responsabilidades a prol do cambio e o impulso de Ribadavia. Xente formada, feita a si mesma co seu traballo, comprometida con Ribadavia alí onde a xente queira levarnos”. Un equipo diverso, con homes e mulleres formados en distintas facetas profesionais e que pode afrontar as distintas responsabilidades de goberno.

O candidato nacionalista afirma que “o BNG e eu mesmo actuamos no goberno municipal e tamén na oposición, sempre se pode ser útil para Ribadavia. Pero queremos pilotar o Concello, por en práctica unha alternativa que funciona noutros concellos, na propia comarca do Ribeiro: un concello para traballar, para vivir, para a igualdade, participativo e público, un concello ao servizo dos veciños e veciñas”.

Entre as novas incorporacións á candidatura do BNG están Rebeca Míguez Aguilar (nº 2), Cristina Domínguez Cendón (nº 3) e Xacobe García Souto (nº 4)”. Completan a lista Maite Rodríguez Estévez e Miguel Arias Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button