Ourense

Presentación do traballo audiovisual de “Ex Umbra in Solem”

O acto terá lugar en El Cercano de Ourense a cargo de Armonía Universal
Cartel publicitario da presentación.
Cartel publicitario da presentación.

Mañá 30 decembro El Cercano (rúa Cardenal Quevedo 20 de Ourense) acollerá a presentación do traballo audiovisual “Ex Umbra in Solem”, en DVD e Blu-ray. O acto comezará ás 19h. e contará coa participación de Carlos Núñez, director de Armonía Universal; Gloría Novoa, soprano ourensá; e Julio Domínguez, director e compositor.

Tal como explican dende Armonia Universal, a grabación que se presenta corresponde ao concerto que se celebrou o pasado 5 de abril de 2014 na Catedral de Ourense, protagonizado pola recuperación da Misa sobre o Himno a San Martín, composta en 1780 polo mestre de capilla ourensán, José Quiroga. “Foi un concerto fundamental no panorama cultural ourensán, que representou a recuperación dun repertorio de máis de dez séculos de música, baseado en traballos de investigación e recuperación musical que deron lugar a 13 libros publicados por Armonía Universal” explican Carlos Núñez dende a editorial.

“Ex Umbra in Solem” propón así “unha viaxe a través do tempo, onde os matices e texturas dunha música que permaneceu oculta durante séculos, cobran vida de novo para facernos partícipes, no marco histórico e singular da Catedral de Ourense, da beleza e espiritualidade do “Canto Llano e o Clasicismo do s. XVIII na nosa cidade”, en palabras de Carlos Núñez.

Artigos relacionados

Back to top button