CulturaCulturaÚltima hora

Presentación dos traballos arqueolóxicos no xacemento do Preguntoiro (Pantón)

Será o martes 30 de setembro ás 18h. na Casa da Cultura coa presenza dos investigadores

Publicidade

 

Sondaxes arqueolóxicas, unha prospección intensiva de toda a zona, ou o rexistro e interpretación de inscricións rupestres e a fotogrametría dixital dos vestixios. Eran algunhas da actuacións realizadas polo equipo que ata primeiros de novembro realizaba unha escavación arqueolóxica na área do Preguntoiro, en Pombeiro, no concello lucense de Pantón.

Os resultados desta intervención serán presentados o 30 de novembro ás 18h. no salón de actos da Casa da Cultura de Pantón por parte do equipo de investigadores. Os relatores desta sesión serán Xurxo Ayán, Andrés Currás e Sonia García.

A área do Preguntoiro posúe un potencial arqueolóxico excepcional, xa que se trata dunha paisaxe medieval fosilizada na que se conservan as pegadas materiais do sistema de explotación agrario baseado na castaña (sequeiros e soutos) e no viño (antigos socalcos e muros feitos con aparello ciclópeo de granito).

Artigos relacionados

Back to top button