DeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Presentación oficial en casa do CD Córgomo Vilamartín

O novo equipo comezará a pretempada o vindeiro 8 de agosto no campo de fútbol do Bañadoiro

 

Na aldea na que naceu, en plenas festas patronais e diante da veciñanza e futura afección. Na noite deste venres 29 de xullo, día de Santa Marta, a Aira dos Bolos de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), acollía a presentación oficial do CD Córgomo Vilamartín, o novo equipo de fútbol que comezará a súa andadura nesta tempada 2022/2023, no grupo 3 da Segunda Galicia e que conta entre outros moitos, coa colaboración do Concello.

 

 

Todo comezaba hai uns meses da man de cinco mozos con experiencia futbolística na comarca de Valdeorras (Jorge Guitián, Pablo e Alberto Conde, Iván Vedo e Santi Real) que, cansados do modelo de club actual e con ganas de formar un innovador, adaptado aos novos tempos, poñían en marcha a maquinaria do que hoxe é xa un club listo para saír ao terreo de xogo.

 

 

Foron meses de traballo buscando patrocinadores, xogadores e mesmo adestrador, de vender camisetas, bufandas e carnés de socios, de ir adiantando información nas redes como a do adestrador, Jesús Álvarez, e hoxe por fin dábanse a coñecer os nomes dos xogadores que deixarán a pel en cada partido, así como as camisetas oficiais.

 

 

Diante dunha gran expectación e nun dos descansos da orquestra Fania Blanco Show que ameniza hoxe a festa en Córgomo, ían subindo ao escenario un a un. Os primeiros eran os membros da directiva que tamén formarán parte do plantel de 22 xogadores (Alberto Conde, Pablo Conde, Iván Vedo, Jorge Guitián e Santi Real) e a partir de aí seguía o resto: Íker López, Sergio Fernández, Alberto Pinto, Alejandro Flores, Juanmi, Álex Rubio, Manuel Núñez, Jairo, Pablo García, Brais Vidal, Juan Borgas, Anxo, Manu González, Bolés, Lucas Hobbes, Donovan e Hugo Sánchez.

 

Os presentadores.

 

Tamén subiron ao escenario os delegados (Tury e Koko), o fotógrafo oficial do club (Torfy) e tres pilotos de enduro (Jairo Cao, Diego Teixeira e Álex González).

A pretempada para este equipo xove, con ganas e ilusión comezará o vindeiro 8 de agosto co primeiro adestramento no campo de fútbol do Bañadoiro, en Vilamartín. E xa o 11 de setembro, arrancará a esperada liga.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button