OurenseÚltima hora

Presentado o cartel da LVII Festa do Pulpo do Carballiño

Tivo lugar onte, 18 de xullo, nun acto protagonizado polo alcalde e o concelleiro de Turismo

O cartel da LVII Festa do Pulpo do Carballiño foi presentado onte, 18 de xullo, polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal. A deseñadora, Ari Quintas, tamén foi a autora do cartel da pasada edición.

 

Presentación do cartel.

 

Francisco Fumega afirmou que se trataba dun cartel moi fermoso, o cal representa á perfección a simbiose do parque municipal coa tradición pulpeira e a do escanciado da sidra, nun claro homenaxe a Asturias, a quen se lle dedica este ano a festa. Por iso agradeceu o seu compromiso co Carballiño e o seu bo facer como deseñadora para levar o nome da Festa do Pulpo “polo mundo adiante”.

Pola súa banda, Manuel Dacal compartiu este agradecemento e referiuse a presentación da festa o próximo luns día 22 en Xixón, con asistencia das primeiras autoridades municipais e autonómicas, así como de persoeiros e medios de comunicación de Asturias. Ademais, explicou que a próxima semana íase efectuar a presentación oficial da festa xunto cos patrocinadores e corporación municipal.

 

Cartel.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close