CulturaÚltima hora

Presentan a colección de postais “Estampas máxicas de Celanova”

Deseñadas polo artista Baldomero Moreiras, están xa á venda na Librería Conde e na Imprenta Celanova
Un momento da presentación das postais de Moreiras, onte, na Casa dos Poetas de Celanova.
Un momento da presentación das postais de Moreiras, onte, na Casa dos Poetas de Celanova.

A Casa dos Poetas de Celanova foi escenario onte da presentación da colección de postais e láminas “Estampas máxicas de Celanova”, realizada polo pintor Baldomero Moreiras. Tras este acto, as obras do artista estarán á venda na Librería Conde e na Imprenta Celanova.

Trátase dun conxunto de dez imaxes que, na súa maioría, mostran unha representación pictórica de diversos espazos de Celanova e do seu contorno (Vilanova dos Infantes). Tamén inclúe algunha estampa sobre as festas da Ramallosa ou da danza de Vilanova, ademais de lembranzas da infancia do artista.

Moreiras estivo acompañado polo ex director do Museo etnográfico de Ribadavia, Xosé Carlos Sierra, e por Xosé Benito Reza en representación da Fundación Curros Enríquez.

Noutra orde de cousas, o Mosteiro de Celanova levou a cabo durante toda a xornada de onte a II edición das Xornadas de Portas Abertas, con visitas guiadas gratuítas polo edificio. Posteriormente, celebrouse un concerto de órgano de balde, a cargo de Marisol Mendive, e pola noite estaba organizada unha visita teatralizada noctura polo mosteiro.

Artigos relacionados

Back to top button