ConcellosÚltima hora

Presentan en Ourense a liña de axudas para a posta en marcha das casas niño

Os interesados en acollerse a estas subvencións teñen un mes de prazo para realizar a solicitude
Un momento da presentación das axudas, onte, en Ourense.
Un momento da presentación das axudas, onte, en Ourense.

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou onte, 23 de maio, a provincia de Ourense para presentar a liña de axudas que a Xunta pon en marcha de cara a activar as casas niño. O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle tamén a convocatoria, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros.

Segundo explicou González, este programa proporicionará 150 novas prazas de atención continuada para nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia. As persoas interesadas nesta convocatoria teñen de prazo un mes para presentar as solicitudes, a contar a partir do 24 de maio.

As casas niño son un recurso enfocado á atención das necesidades de conciliación das familias. Neste senso, cada casa niño atenderá un máximo de cinco nenos, de xeito flexible e con garantías de seguridade e calidade. Esixirase formación ou experiencia profesional específica e impoñeranse requisitos e normas de seguridade nas casas.

Estes fogares ofrecerán atención integral e personalizada con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna, de luns a venres, e as familias poderán levar aos nenos un máximo de oito horas diarias, nun horario que se pactará co profesional. Canto á atención que se prestará, incluirá dende necesidades básicas como alimentación, hixiene ou descanso en función da idade, até actividades de desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social dos cativos.

Artigos relacionados

Back to top button