OurenseÚltima hora

Presentan o proxecto gañador do edificio do Campus da Auga

Un momento da presentación dos proxectos de deseño do edificio, onte, en Ourense.
Un momento da presentación dos proxectos de deseño do edificio, na xornada do 6 de maio.

O Campus da Auga de Ourense dá un paso máis cara a súa especialización. Así se puxo de manifesto onte, 6 de maio, tras a inauguración dunha mostra na que se expoñen os sete proxectos de deseño para o edificio que representará esta área de especialización do campus universitario da cidade, entre eles o que se alzou como gañador e, por ende, coa concesión para plasmalo na realidade.

No acto estiveron presentes o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o alcalde do concello, Jesus Vázquez, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño.

O proxecto nace co obxectivo que converter o futuro edificio de especialización nun centro de referencia na investigación da auga, para aproveitar a potencia termal de Ourense, pois é a segunda cidade europea máis importante no uso mineromedicinal deste recurso.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button