49 Rallye Ourense TermalDeportes

Presentan o Trofeo Clio R3T Iberia e o Trofeo Sandero Cup

O 49ROU será puntuable tamén para estas dúas copas monomarca, así como a Copa Suzuki Swift
Un momento da presentación das copas monomarca de Renault, xunto cos estudantes do IES Universidad Laboral.
Un momento da presentación das copas monomarca de Renault, xunto cos estudantes do IES Universidad Laboral.

O mércores 15 tiña lugar en Ourense a presentación do Trofeo Clio R3T Iberia, así como do Trofeo Sandero Cup. Son dous dos títulos monomarca que se disputarán esta fin de semana no 49 Rallye de Ourense-Ourense Termal (49ROU), xunto coa Copa Suzuki Swift. No acto estiveron presentes os pilotos Cima, Pernía e Aragonés cos seus respectivos vehículos, así como copilotos e parte do equipo de mecánicos de Renault Sport.

Tamén asistiron como invitados un grupo de estudantes dos ciclos formativos de Mecánica, Electromecánica e Carrocería do IES Universidad Laboral. Puideron participar nunha presentación sobre a montaxe dos coches de competición Renault Sport, a cargo de persoal profesional do equipo. Ademais, ofreceranlle a posibilidade a dous deles de integrarse no equipo de mecánicos participantes no rallye durante a xornada do sábado.

Artigos relacionados

Back to top button