A GudiñaConcellosO BoloÚltima horaViana do Bolo

Preséntanse 5 ofertas para mellorar o firme da OU-533 ao seu paso pola Gudiña, Viana e O Bolo

Será no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33 e suporá un investimento de case 1,4 millón de euros

Publicidade

 

A Xunta recibiu 5 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme na estrada OU-533 ao paso polos concellos da Gudiña, O Bolo e Viana do Bolo, que suporán un investimento de case 1,4 millóns de euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras en verán co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano.

Trátase da rehabilitación do firme da estrada OU-533 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33. Nos treitos que presenten peor estado fresarase unha capa de 5 cm de espesor, que será reposto con mestura betuminosa en quente.

Ademais os traballos inclúen a limpeza de gabias e a execución nalgúns puntos de gabias de seguridade formigonadas. Tamén se realizarán intervencións relativas ao repintado da sinalización en todo o treito de actuación.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Artigos relacionados

Back to top button