EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Preséntanse as IX Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia

Comezarán esta fin de semana nas Rías Baixas e no Ribeiro e continuarán na do 30 de outubro ao 1 de novembro en Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra

 

Esta mañá a fortaleza de Salvaterra do Miño convertíase en escenario da presentación da novena edición das “Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia”, entre as que figuran as da Ruta de Valdeorras. Esta é a primeira vez que se celebraban no outono (anteriormente facíanse entre maio e xuño) e será ademais unha edición “marcada pola pandemia que nos obriga a dar unha resposta eficiente á nova realidade”. Así o sinalaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante o acto. Ademais facía fincapé no esforzo conxunto para asegurar que todas” as actividades programadas se leven adiante coa máxima seguridade e estrita observación das medidas de restricións de aforamento”.

No acto de presentación tamén participaron a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o presidente da Ruta do Viño de Rías Baixas, Juan Gil, que interveu no nome dos presidentes das Rutas dos Viños de Galicia presentes, entre eles o da Ruta de Valdeorras, Joaquín Sánchez.

Todos eles coincidiron en destacar a fortaleza que está a amosar o sector enoturístico galego neste contexto de adaptación, que se traduciu na posta en marcha de protocolos e medidas anticovid para os establecementos socios das 5 Rutas do Viño así como na adaptación do desenvolvemento das actividades aos novos requisitos de carácter.

O programa de actividades previstas no marco das Xornadas de Portas Abertas comeza esta fin de semana nas Rías Baixas e no Ribeiro e continuarán o vindeiro fin de semana nos outros tres territorios vitivinícolas, Monterrei, Ribeira Sacra en Valdeorras. En total o visitante poderá acceder a máis de medio cento de actividades, entre catas comentadas, rutas de sendeirismo, visitas guiadas ou autobuses turísticos nos máis de 70 establecementos participantes.

Inscrición previa

Para todas as actividades das xornadas é precisa a inscrición previa e o cumprimento estrito das medidas e protocolos hixiénico-sanitarios postos en marcha para garantir a seguridade sanitaria. Toda a información actualizada relativa ao programa de actividades e as adegas e establecementos participantes pódese consultar na web de Turismo de Galicia https://www.xornadasrutasvinosgalicia.com/

Artigos relacionados

Back to top button
Close