EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Preséntanse en FENAVIN a “Guía de vinos de Galicia”

No acto seu autor, o sumiller Luis Paadín, estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural

Na xornada de apertura da Feria Nacional del Vino (FENAVIN), que se desenvolve en Ciudad Real, tiña lugar a presentación da “Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia 2017”, do sumiller galego Luis Paadín. Neste acto o autor estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Esta guía acaba de ser recoñecida como un dos 10 mellores libros de viños de todo o mundo, a xuízo do xurado internacional dos Gourmand Book Awards. Trátase do único libro en español que este ano recibiu o galardón entre máis de 10.000 libros de 211 países.

 

 

Nesta imaxe do acto poden verse, de esquerda á dereita: a Juan Gil de Araújo, presidente do CDRO Rías Baixas; Belén Docampo, directora xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Alimentarias; Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Rural; Luís Paadín, autor da Guía; Felicísimo Pereira, presidente do CRDO Ribeiro; Francisco García, presidente do CRDO Valdeorras e a José Luís Murcia, presidente da Asociación Española de Periodistas e Escritores do Viño.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button