En portadaÚltima hora

Preséntanse os primeiros resultados das pinturas rupestres de Casaio

Será nunha charla prevista para este xoves 6 de xuño ás 19h. no Centro Sociocultural O Ensanche en Santiago
Ídolos que aparece nas pinturas rupestres de Casaio./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Unha ollada desde o outro lado. As pinturas rupestres de Casaio e a arte rupestre galega” é o título da charla na que se presentarán neste xoves 9 de xuño as pinturas esquemáticas prehistóricas descubertas na localidade de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Será ás 19h. en Santiago, no Centro Sociocultural O Ensanche.

Nela daranse a coñecer as primeiras análises realizadas sobre as pinturas, incidindo na súa importancia para a arqueoloxía pero tamén como recurso patrimonial; por outra banda, contextualizarase a importancia desta descuberta dentro da arte prehistórica do noroeste peninsular e de Galicia.

Nesta conferencia intervirán Felipe Criado-Boado (Incipit, CSIC), Francisco Alonso Toucido (Estela Arqueoloxía), Carlos Tejerizo-García (Incipit, CSIC) e Manuel Santos-Estévez (Universidade do Minho).

Estas pinturas rupestres eran atopadas o pasado mes de febreiro por un equipo integrado por investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio e da empresa Estela Arqueoloxía, dentro dun proxecto de investigación sobre as paisaxes da guerrilla antifranquista.

Artigos relacionados

Back to top button