En portadaÚltima hora

Preséntase a 29 edición da Semana de Cine do Barco

Esta actividade organizada polo Cine Clube Groucho Marx en colaboración co Concello, terá lugar do 23 de agosto ao 2 de setembro

A 29 edición da Semana de Cine do Barco, organizada polo Cine Clube Groucho Marx en colaboración co Concello, terá lugar do 23 de agosto ao 2 de setembro. Presentábase nesta mañá de 29 de xullo da man de José María Rodríguez, representante deste cine clube, e de Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura.

 

Cartaz.

 

Esta semana do cine constará dun ciclo infantil e outro de actualidade, no que a metade das películas serán españolas e a outra metade serán estranxeiras. Entre as películas infantís, destacan títulos como “A viaxe de Chihiro”, “Bikes” ou “Mia e o león branco”.

“A Favorita”, gañadora dun Óscar, ou “O segredo das abellas”, son as películas que comprenden a temática LGTBI nesta semana de cine. Ademais, “Tolkien”, “Os irmáns sisters” ou “A Portuguesa” (que será proxectada en versión orixinal con subtítulos en galego), serán outros dos títulos que se proxectarán.

No primeiro día, 29 de xullo, haberá tres actividades: a inauguración de “Camiñantes”, unha exposición do valdeorrés Gerardo Cooper; o visionado do documental “Importancia da música no cine” de Anxo Santomil; e o visonado curta “Un mundo salvaxe”, de Rodrigo Marini, con actores da talla de Javier Cansado e Fernando Albizu. Por último, proxectaráse o documental gañador do Mestre Mateo, “Idénticas”. Este galardón exhibirase no hall do Teatro Lauro Olmo durante toda a semana.

Ademais,  esta semana coincide co concurso Valdeorras Denominación de Cine, polo que as actividades fusionaránse e o sábado 31 haberá unha proxección das curtometraxes realizadas polos participantes.

Texto: Alba Prada.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button