OurenseÚltima hora

Preséntase a campaña de recollida de tapóns para axudar a unha nena con parálise cerebral

Será a través da Fundación Amigos de Galicia

Alexia xunto coa súa nai e unha traballadora da Fundación Amigos de Galicia.

 

No día de hoxe, 23 de agosto, presentouse en Ourense unha campaña para axudar a Alexia López, unha nena de 25 meses, con parálise cerebral infantil bilateral. Así, a campaña consiste na recollida de tapóns para cubrir sesións de equinoterapia durante seis meses.

A iniciativa é da nai da pequena e máis da Fundación Amigos de Galicia, “esta é a primeira toma de contacto que temos coa familia, e de momento, vamos cubrir os seis meses de equinoterapia, pero seguimos a disposición da familia para as necesidades médicas que lles podan xurdir”.

Así, para pagar os seis meses de tratamento, será necesario reunir 4 247 quilos de tapóns. Os puntos de recollida están dispoñibles neste enlace:  https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/tap%C3%B3ns/

Artigos relacionados

Back to top button