PolíticaÚltima hora

Preséntase a candidatura ourensá de En Marea

O acto tiña lugar o 20 de novembro na cidade de Ourense
Un dos momentos do acto de presentación da candidatura.
Un dos momentos do acto de presentación da candidatura.

Os Xardíns do Padre Feijóo na cidade de Ourense acollían na mañá do 20 de novembro a presentación da candidatura de En Marea pola provincia ourensá de cara ás vindeiras eleccións do 20 de decembro. Neste acto tomaban a palabra Carlos Lorenzo Simón, candidato número 4 ao Congreso; a valdeorresa Carme Docampo Paradela, candidata número 3; Sofía Díaz Gómez, candidata número 2; e David Bruzos Higuero, candidato número 1.

O cabeza de lista ourensán ao Congreso por En Marea aseguraba que “estamos aquí para dar un paso máis nun proceso de cambio que acontece cada día”, un proceso “que consiste en poñer as institucións ao servizo do ben común”. Tamén destacaba a diversidade e a pluralidade de En Marea para lograr “xuntas un país de todas e para todas”.

Artigos relacionados

Back to top button