OurenseÚltima hora

Preséntase a obra “Galegos de Ourense 2”

O libro, editado pola Deputación, recolle a biografía de ourensáns ilustres como Florencio Delgado ou Lauro Olmo
Manuel Baltar e Jesús de Juana na presentación da obra, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Manuel Baltar e Jesús de Juana na presentación da obra, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Un proxecto editorial que recolle a biografía “daqueles persoeiros que destacaron pola súa “Ourensanía”, que teñen a característica común de ter contribuído a “facer Ourense” e levar o nome desta provincia nas diferentes disciplinas científicas, culturais ou sociais nas que desenvolveron a súa actividade profesional ao longo das súas vidas”. Así define o presidente da Deputación Manuel Baltar, “Galegos de Ourense”, a obra que na mañá do 9 de marzo presentaba o segundo volume no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”.

Acompañado polo coordinador da edición, Jesús de Juana, Baltar subliñou que neste segundo volume figuran “dezanove referentes máis da Ourensanía, “biografías froito do traballo e estudo de doce recoñecidos investigadores, entre os que se atopan os coordinadores Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo Rodríguez Teijeiro, membros da Facultade de Historia da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

Despois da primeira edición, publicada hai máis de dous anos, nesta segunda entrega figuran nomes como Ruiz de Padrón, Saco y Arce, Parada Justel, Alexandre Bóveda, Filomena Dato, Eduardo Barreiros, Carlos Casares, Jaime Quesada, Virxilio, Paz Nóvoa, Arturo Noguerol, Quiroga Palacios, José Velo, Luis Fábrega Coello, Eleuterio González, Alfonso Pazos Cid, Vázquez Gulías, Conde Fidalgo, Manuel Prego de Oliver, e os valdeorreses Florencio Delgado Gurriarán e Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button