EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase a primeira cervexa artesá de Valdeorras

Chámase “La Faraona” e dábase a coñecer nunha exitosa degustación celebrada no Paladium (Vilamartín) na tarde do 14 de agosto

De tonos dourados, moi cítrica, escumosa. Así é a primeira cervexa artesá de Valdeorras, que sae á rúa coa marca La Faraona Craft Beer. Presentábase nunha concurrida degustación que se celebraba na tarde do 14 de agosto no Complexo Hostaleiro Paladium en Vilamartín.

Neste acto, que estaba amenizado musicalmente polo grupo valdeorrés Os Broders, podían degustarse a cervexa que se comercializará baixo esta marca: a Valdeorras IPA (Indian Pale Ale). Ademais conta cunha produción pequena dunha cervexa negra.

 

Toni Álvarez, elaborador da cervexa valdeorresa “La Faraona”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A IPA, que se comercializará a partires de agora en bares da comarca e noutras zonas como A Coruña, “ten unha cor dourada clara, é bastante escumosa, dun amargor suave e bastante fácil de beber. O seu lúpulo dalle un pouco sabor a laranxa. Ten unha graduación de 5,5%, pero o alcohol non se lle nota”, comenta Toni Álvarez Pérez, o mozo vilamartinés creador da cervexa e que vén de apostar pola elaboración empresarial deste tipo de bebida na comarca.

“É importante que a xente entenda que non ten nada que ver coas cervexas industriais, é un produto natural”, asegura. E así o podían comprobar as numerosas persoas que a probaban, acompañada dunha gran variedade de petiscos e pola música, na calurosa tarde do 14 de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button